23 de Marzo de 2025,
Santo Toribio de Mogrovejo

Curso interdiocesano de Pastoral da Saúde en Ourense

Curso interdiocesano de Pastoral da Saúde en Ourense

Baixo o lema «Esperanza e enfermidade: a visión cristiá da dor», o Secretariado Interdiocesano de Pastoral da Saúde de Galicia organiza un curso rexional, o sábado 26 de outubro, ás 10.00 horas,no  Balneario de Laiais , en Ourense. Este encontro formativo finalizará coa celebración da eucaristía que se celebrará ás 19.00 horas.  Os interesados en participar poden poñerse en contacto co delegado diocesano de Tui-Vigo, Benito Rodríguez, a través do número de teléfono: 608 28 06 55.

A inscrición, que estará aberta ata o 22 de outubro, conleva un custo individual de 35 euros que inclúe comida, material e uso das piscinas termais no balneario —para entrar nas piscinas é necesario levar bañador, gorro e chanclas—. A delegación de Pastoral da Saúde da diocese de Tui-Vigo tamén está organizando un autobús, o que supón un custo de 12 euros por persoa a maiores da inscrición —en total 47 euros—; o autobús sairá ás 08.45 horas de Travesas —xunto ao Instituto Santa Irene— en Vigo, e parará en Praza España —xunto ao Hospital Concheiro—, e no Porriño —saída 215, detrás do restaurante Manolo—.

O curso está pensado para voluntarios de Pastoral da Saúde, Hospitalidade de Lourdes, grupos parroquiais, familias de enfermos, persoal sanitario, coidadores, empregados de residencias e centros asistenciais, consagrados, sacerdotes, seminaristas e persoas interesadas.