16 de Marzo de 2026,
San Heriberto

D. Alberto Cuevas protagonista do programa «Polo camiño da fe»

D. Alberto Cuevas protagonista do programa «Polo camiño da fe»
Polo camiño da fe
Polo camiño da fe

O 25 de xaneiro o programa relixioso da TVG «Polo camiño da fe», centrou a súa emisión en abordar a labor da Igrexa no ámbito da comunicación. D. Alberto Cuevas Fernández, sacerdote e periodista, explicou dende a súa experiencia pastoral e profesional, o desenvolvemento comunicativo da Igrexa nas últimas décadas.

D. Alberto Cuevas foi pioneiro da comunicación da Igrexa en Galicia. Na nosa Diocese puxo en marcha, fai mais de corenta anos, a Delegación de Medios de Comunicación. D. Alberto é referente para xeracións de comunicadores que hoxe desenvolven a súa labor comunicativa nas dioceses de Galicia. En febreiro de 2023, foille concebido o Premio ¡Bravo! na categoría de Comunicación diocesana que, cada ano, otorga a Comisión Episcopal para as Comunicacións Sociais.

Ao longo da entrevista o programa repasa a súa traxectoria, a evolución dos medios e os retos actuais da comunicación eclesial.

Podes ver a entrevista no seguinte enlace:

https://www.agalega.gal/videos/detail/315873-alberto-cuevas-o-labor-de-comunicacion-na-igrexa