12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe
12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe

«Dar esperanza na tristeza», lema da Campaña do Enfermo 2024

«Dar esperanza na tristeza», lema da Campaña do Enfermo 2024

«Dar esperanza na tristeza» é o lema que propón o departamento de Pastoral da Saúde da Conferencia Episcopal Española para a Campaña do Enfermo 2024, que dará comezo o 11 de febreiro, festividade da virxe de Lurdes, coa Xornada Mundial do Enfermo e finalizará o 5 de maio, coa Pascua do Enfermo. Para profundar no tema deste ano, preparáronse unha serie de materiais que poden traballar os diferentes equipos de pastoral da Saúde. A campaña deste ano céntrase no coidado e o acompañamento das persoas que padecen diversas formas de sufrimento psicolóxico, que se manifesta na tristeza, a pena, o desánimo ou a ansiedade a través do lema «Dar esperanza na tristeza». 

A delegación diocesana de Pastoral da Saúde da diocese de Tui-Vigo anima á creación de grupos de voluntarios que acompañen, en clave sinodal, a quen padece estas circunstancias —especialmente nas cabeceiras de concello e nas residencias de maiores—. Para iso, o 10 de febreiro, ás 10 horas, nos locais parroquiais de Santa Lucía da Salgueira, en Vigo, organiza unha xornada de formación sobre saúde mental que impartirán as psicólogas voluntarias do Centro de Escoita de Vigo.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp