13 de Abril de 2024

,

San Hermenegildo
13 de Abril de 2024

,

San Hermenegildo

Datas das «Escolas de catequistas»

Datas das «Escolas de catequistas»
Foto: Una sesión de la «Escuela de catequistas», en el Seminario Mayor de Vigo

Do 20 ao 25 de novembro, a delegación de Catequese da diocese de Tui-Vigo pon en marcha unha nova edición das «Escolas de catequistas», co obxectivo de ofrecer formación permanente para novos e veteranos catequistas, tal e como pon de manifesto e. o novo Directorio para a Catequese, publicado polo Pontificio Consello para a Promoción da Nova Evanxelización. «Catequistas para servir» é o lema sobre o que pivotarán todas as sesións deste ano.

En total, haberá cinco encontros formativos durante os meses de novembro, decembro, xaneiro, febreiro e marzo. Fóra do último encontro, que estará organizado pola delegación de Pastoral Vocacional con motivo da campaña do Día do Seminario que se desenvolve en marzo, cada mes, impartirase unha sesión formativa en catro puntos diferentes da xeografía diocesana: A Ramallosa, Redondela, Torneiros e Vigo. Desta forma, a delegación de Catequese busca facilitar a participación dos máis de 400 catequistas que voluntariamente acompañan a nenos e mozos no seu proceso de iniciación cristiá.

No mes de novembro :

  • Luns 20, ás 20 horas, na casa de espiritualidade da congregación Apostólicas do Sagrado Corazón de Xesús na Ramallosa.
  • Martes 21, ás 20 horas, no salón parroquial de Santiago de Redondela.
  • Venres 24, ás 20 horas, na igrexa parroquial de San Rosendo de Torneiros .
  • Sábado 25, ás 11 horas, no Seminario Maior de Vigo.

No mes de decembro :

  • Luns 11, ás 20 horas, na casa de espiritualidade da congregación Apostólicas do Sagrado Corazón de Xesús na Ramallosa.
  • Martes 12, ás 20 horas, no salón parroquial de Santiago de Redondela.
  • Venres 15, ás 20 horas, na igrexa parroquial de San Rosendo de Torneiros .
  • Sábado 16, ás 11 horas, no Seminario Maior de Vigo.

No mes de xaneiro :

  • Luns 22, ás 20 horas, na casa de espiritualidade da congregación Apostólicas do Sagrado Corazón de Xesús na Ramallosa..
  • Martes 23, ás 20 horas, no salón parroquial de Santiago de Redondela.
  • Venres 25, ás 20 horas, na igrexa parroquial de San Rosendo de Torneiros .
  • Sábado 27, ás 11 horas, no Seminario Maior de Vigo.

No mes de febreiro :

  • Luns 19 ás 20 horas, na casa de espiritualidade da congregación Apostólicas do Sagrado Corazón de Xesús na Ramallosa.
  • Martes 20, ás 20 horas, no salón parroquial de Santiago de Redondela.
  • Venres 23, ás 20 horas, na igrexa parroquial de San Rosendo de Torneiros .
  • Sábado 24, ás 11 horas, no Seminario Maior de Vigo.

No mes de marzo :

  • Sábado 23, de 10 a 13 horas, no Seminario Maior de Vigo. Formación sobre «Discernimento e acompañamento eclesial-vocacional»

Ademais destes encontros formativos, a delegación de Catequese organizará dous encontros diocesanos nos meses de abril e maio: a Asemblea Diocesana de Catequistas, o 13 de abril, no Seminario Maior de Vigo; e o Encontro Diocesano da Catequese, o 4 de maio, no colexio maristas Santa María de Tui. 

As «Escolas de catequistas», así como as demais citas diocesanas, son unha oportunidade para establecer espazos de formación e encontro entre os diferentes catequistas que, de maneira voluntaria, colaboran na Igrexa de Tui-Vigo convertendo a catequese en «unha experiencia viva da fe», na que é determinante o encontro persoal entre catequistas e catecúmenos, tal e como expresou o papa Francisco en setembro de 2022. 

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp