22 de Febreiro de 2024

,

La Cátedra del Apóstol San Pedro
22 de Febreiro de 2024

,

La Cátedra del Apóstol San Pedro

David Solleiro, de profesor do Seminario de Tui a preparador do Olympique de Marsella

David Solleiro, de profesor do Seminario de Tui a preparador do Olympique de Marsella
Foto: David Solleiro (primero a la izq., de la segunda fila), junto con un grupo de alumnos del Seminario Menor de Tui

Os 37 alumnos do Seminario Menor «San Paio » de Tui houberon de despedirse do seu profesor de Educación Física, David Solleiro Durán (Tui, 1988), pois desde o 17 de febreiro, está en chan francés exercendo como preparador físico dos xogadores de primeira división do Olympique de Marsella, encargándose de momento só do traballo de readaptación dos xogadores lesionados.

Cun currículo excelente durante o bacharelato e influenciado pola súa contorna máis próxima, David descartou, nun primeiro momento, estudar Ciencias da Actividade Física e do Deporte e decantouse por un dobre grao en Dereito e ADE, pero «aos tres meses de estar en ADE díxenlle aos meus pais: “isto non é para min”». Tras finalizar a súa carreira universitaria en Ciencias da Actividade Física e do Deporte en 2021 —coa que recibiu o premio Extraordinario de Fin de Grao da UVigo e Fin de Carreira da Xunta —, en marzo de 2022, entra a formar parte do claustro de profesores do Seminario Menor «San Paio » de Tui como docente de Educación Física, unha experiencia «nova, que non estaba nos meus plans».

Os alumnos do Seminario como o mesmo David sorprendéronse ante a noticia da súa fichaxe. Ao despedirse do centro, David, sobre os seus alumnos, explica que «aínda que ás veces fanme enfadar, vou botar moito de menos» e ao novo profesor, que chegue a substituírlle pídelle «que vinga con moita ilusión e moitas ganas, porque o Seminario Menor de Tui é un centro diferente. Aquí o trato é moito máis familiar. Ao final, a relación profesor-alumno é moito máis persoal, porque —grazas ás clases reducidas— estás moito máis pendente do alumno e tes con el un trato moito máis individualizado».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp