5 de Decembro de 2024

,

San Sabas
5 de Decembro de 2024

,

San Sabas

De onde vén o diñeiro que recibe a Igrexa?

De onde vén o diñeiro que recibe a Igrexa?
Foto: Portal xTantos.

O diñeiro que recibe a Igrexa, e que dedica a desenvolver todo o seu labor, ten distintas orixes: as achegas directas dos fieis, xa sexa por medio de colectas ou de donativos e subscricións; de herdanzas e legados; e, tamén, a asignación tributaria. Fronte aos mitos e lendas, datos e información.

Por qué a Igrexa católica ten unha caixa propia na declaración da renda?

En decembro de 2006 asinouse a modificación no Sistema de Asignación Tributaria entre o Estado e a Santa Sé, que entrou en vigor en 2007. A partir dese momento, a Igrexa deixó de ter unha asignación directa nos Orzamentos Xerais do Estado e acordose facilitar esta caixa na declaración da renda para que a financiación da Igrexa fose voluntaria e só participase quen quixese facelo. De feito, a día de hoxe España é o único país de Europa que non ten asignación directa por parte do Estado. O noso sistema, coa elección libre da X na declaración da renda, é o máis respectuoso, o máis solidario, o máis democrático de toda Europa.

Cómo contribúe a Igrexa ao desenvolvemento económico e social?

A presenza da Igrexa no noso país tamén supón unha contribución ao desenvolvemento social e económico. A actividade de dioceses e parroquias en España crea más de 65.000 empregos nun ano. En concreto, o 80% da contribución económica da Igrexa católica repercute principalmente nos sectores de “Actividades sanitarias e servizos sociais”, “Educación” e “Conservación e mantemento do patrimonio”, entre outros. Por cada empregado directo da Igrexa católica xéranse 0,27 postos de traballo adicionais na economía española.

Canto rende un euro na Igrexa?

O labor que realiza a Igrexa no noso país é moi variada e realízase grazas ao traballo de miles de persoas voluntarias, sacerdotes e segrares que colaboran nela. Todo este tempo que entregan é difícil de cuantificar económicamente. Calcúlase que, ao redor de 45 millóns e medio de horas dedícanse na Igrexa en España cada ano a actividades pastorais, sacramentais e de atención persoal. Grazas a este extraordinario despregamento de recursos humanos e materiais o diñeiro multiplícase.

Por cada euro ingresado a través da Asignación tributaria, a Igrexa xera un valor de 1,38 euros na sociedade.

A Igrexa ten un réxime fiscal especial que a exime de pagar impostos?

A Igrexa católica en España non ten ningún privilexio, nin ningún réxime fiscal especial ou único para ela senón que está sometida ao réxime fiscal xeral que establece a Lei de Mecenado (Lei 49/2002) como o resto de entidades non lucrativas como son fundacións, asociacións de utilidade pública, confesións relixiosas, etc.

Por qué non paga IBI? E o IVE?

A Igrexa católica non ten beneficios respecto doutras institucións non lucrativas ou confesións relixiosas. Desde o añou 2007 paga o IVE en todas as súas compras, xa que coa aprobación do Sistema de Asignación Tributaria á Igrexa dicidiu renunciar á exención do IVE (ata entón non pagaba o IVE nas adquisicións de bens inmobles e nas compras de obxectos destinados ao culto).

Doutra banda, do mesmo xeito que o resto de asociacións de utilidade pública, ONGs ao desenvolvemento e outras institucións, a Igrexa está exenta do pago do IBI en todas aquelas propiedades que estén destinadas aos seus fins, e pagan IBI por todos aqueles bens que non quedan explícitamente exentos na lei.

Fonte: Portal xTantos.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp