17 de Xullo de 2026,
Santa Marcelina

De Vigo a Madrid para ver o papa

De Vigo a Madrid para ver o papa
FOTO.- El papa León durante su visita a España | © Marcos Nogales

O 6 de xuño, o papa León XIV chegou a Madrid para iniciar a súa viaxe apostólica a España. Esa fin de semana do 6 e 7 de xuño, diferentes persoas de Tui-Vigo trasladáronse ata alí para atoparse co santo pai nas rúas madrileñas e asistir á vixilia de oración na Praza de Lima ou á eucaristía na Praza da Cibeles presididas polo pontífice.

Preto de un centenar de mozos participaron na viaxe que organizou a delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria da diocese de Tui-Vigo. Varios centros educativos de Vigo, así como familias e fregueses de diferentes parroquias, acudiron tamén ao encontro co santo pai León XIV. Hoxe, recollemos algúns destes testemuños que nos falan de alegría, esperanza e soños.

«Learse a manta á cabeza», para ver o papa León XIV

«Clara, ti xa non es tan nova». Ese foi o primeiro pensamento de Clara Guede, freguesa da parroquia da Nosa Señora do Carme en Vigo, cando soubo da visita do papa León XIV a España.

Un auténtico agasallo

Rosario Barreiras Boado, freguesa da parroquia de San Martiño de Borreiros en Gondomar, acudiu co seu marido e os seus dous fillos a ver o papa León XIV.

Un soño feito realidade

«Momentos cheos de fe fervorosa, palabras que son bálsamo para a alma e a compañía de persoas que comparten esta fe con entusiasmo» marcaron o corazón de Juan Andrés Salazar, da parroquia de Santa Marta.

Unha fin de semana de fe, alegría e esperanza

Maite Pérez, numeraria do Opus Dei, viaxou con en un autobús no que ían 55 persoas. Desde o primeiro momento creouse un ambiente de alegría, convivencia e fe compartida que fixo da viaxe algo especial.

Unha visita que deixa pegada

María Auxiliadora asistiu á vixilia de oración e á misa presidida polo santo pai en Madrid, grazas á delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria.