8 de Novembro de 2024

,

San Adeodato
8 de Novembro de 2024

,

San Adeodato

Dedicamos o mes de marzo a San José

Dedicamos o mes de marzo a San José

A Vigairía de Pastoral anima a rezar a oración do papa Francisco a San José durante todo o mes de marzo.

A Diocese de Tui-Vigo conta cun total de catro templos e unha capela dedicados a San José en Chandebrito, A Laxe, Ribarteme, Vigo e Prado —aos que habería que sumarlle a igrexa da Sacra Familia situada tamén na cidade viguesa—, nos que celebrar o Ano Xubilar de San José convocado polo papa Francisco o pasado 8 de decembro, solemnidade da Inmaculada Concepción.

Este ano Xubilar coincide co 150 aniversario da declaración asinada polo beato Pío IX que declaraba a San José como Patrón da Igrexa católica. Para profundar na figura do pai de adoptivo de Jesús, o papa Francisco publicou a Carta  Apostólica,  Patris  Corde —Corazón de pai—, na que explica que «San José lémbranos que todos os que están aparentemente ocultos ou en “segunda liña” teñen un protagonismo sen igual na historia da salvación».

Desde a vigairía de Pastoral, convidan a todas as comunidades cristiás, asociacións, movementos e a todos os fieis da Igrexa de Tui-Vigo a rezar especialmente durante este mes de marzo a San José.

Cada día, desde hoxe 1 de marzo ata o vindeiro mércores 31, publicarase na web diocesana a oración publicada polo sucesor de Pedro en Roma, o papa Francisco, xunto con diferentes imaxes do Santo pertencentes a diversos templos diocesanos. A oración e a imaxe serán acompañadas dunha pequena frase que axude aos fieis cristiáns a achegarse cada vez máis á figura de San José.

Para seguir esta iniciativa basta con entrar na páxina principal da web da Diocese. Alí, os interesados atoparán este itinerario de oración durante 31 días. Ademais, as imaxes poderán descargarse desde o computador clicando sobre ela co botón dereito do rato.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp