5 de Outubro de 2024

,

Santa María Faustina Kowalska
5 de Outubro de 2024

,

Santa María Faustina Kowalska

DEP Mons. José Diéguez Reboredo, bispo emérito de Tui-Vigo

DEP Mons. José Diéguez Reboredo, bispo emérito de Tui-Vigo
Foto: La diócesis de Tui-Vigo celebró una misa por el eterno descanso de su obispo emérito Mons. José Diéguez, en Vigo y en Tui.

Á primeira hora da tarde do 18 de xullo do Ano Santo Compostelán 2022, terminada a súa peregrinación temporal, faleceu en Santiago de Compostela o bispo Emérito de Tui-Vigo, Mons.  José Diéguez Reboredo, que pastoreou esta diocese desde xullo de 1996 ao 28 de xaneiro de 2010. Na actualidade, axudaba como capelán das Hermanitas dos Anciáns Desamparados en Santiago de Compostela.

O mércores 20 de xullo, ás 16:30 horas, na capela atendía como capelán o bispo emérito de Tui-Vigo, Mons. Julián Barrio, arcebispo compostelán, presidiu a misa exequial de Mons. José Diéguez Reboredo. Xunto a Mons. Barrio, concelebrou o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, o bispo auxiliar de Compostela, Mons. Francisco José Prieto, o bispo de Ourense, Mons. Leonardo Lemos, o bispo de Astorga, Jesús Fernández, o bispo de Santander, Mons. Manuel Sánchez, o arcebispo emérito de Zaragoza, Mons. Vicente Jiménez, e o arcebispo emérito de Tánxer, Mons. Santiago Agrelo.

Na diocese de Tui-Vigo, celebráronse dous funerais polo seu eterno descanso na catedral tudense e na concatedral-basílica viguesa, o mércores 27 e o xoves 28 de xullo, consecutivamente. Ambas as celebracións, presidiunas o actual bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, acompañado dos bispos de Galicia e outras zonas de España. Tamén asistiu un amplo número de presbíteros das dioceses de Tui-Vigo.

Con motivo do falecemento do bispo emérito de Tui-Vigo, Mons. José Diéguez. Reboredo, o cardeal Pietro Parolin, secretario de estado do papa Francisco, enviou á diocese de Tui-Vigo unha mensaxe no transmite “o pésame ao bispo, ao clero, aos axentes pastorais e fieis laicos desta Igrexa particular, así como aos familiares e coñecidos do defunto”. Así mesmo, no comunicado, o Card. Parolin expresou que “o papa Francisco ofrece sufraxios polo eterno descanso da súa alma, á vez que, como signo de fe e esperanza cristiá, no Señor Resucitado, imparte con afecto a confortadora bendición apostólica a cuantos choran tan sensible perda”.

Mons. Luis Quinteiro

Texto da homilía de Mons. Luís Quinteiro durante os funerais celebrados na diocese de Tui-Vigo polo eterno descanso de Mons. José Diéguez, bispo emérito de Tui-Vigo.

Galería de fotos do funeral na concatedral-basílica de Vigo

Misa por el eterno descanso de Mons. Diéguez, obispo emérito de Tui-Vigo | © Maricarmen Castro
La diócesis de Tui-Vigo celebró una misa por el eterno descanso de su obispo emérito Mons. José Diéguez, en Vigo y en Tui.
« de 13 »

Mons. Julián Barrio

Texto da homilía de Mons. Julián Barrio pronunciada o mércores 20 de xullo durante a misa exequial de Mons. José Diéguez, bispo emérito de Tui-Vigo. ​

Galería de fotos da misa exequial en Santiago

Misa por el eterno descanso de Mons. Diéguez, obispo emérito de Tui-Vigo | © Maricarmen Castro
La diócesis de Tui-Vigo celebró una misa por el eterno descanso de su obispo emérito Mons. José Diéguez, en Vigo y en Tui.
« de 13 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp