3/02/2023

,

San Blas
3/02/2023

,

San Blas

Descanse en paz o papa emérito Bieito XVI

Descanse en paz o papa emérito Bieito XVI
Foto: © Vatican Media — Handout via REUTERS

Ao coñecer a esperada, pero triste noticia do falecemento do papa emérito Bieito XVI, hoxe 31 de decembro ás 9.34 horas, Mons. Luís Quinteiro Fiuza, bispo da diocese de Tui-Vigo, convida os sacerdotes, membros de vida consagrada e fieis laicos, en xeral, a dar grazas a Deus  pola vida entregada ao servizo da Igrexa  deste pontífice sabio, xeneroso, humilde, mestre de virtudes en tantas facetas do seu lúcido ministerio eclesial —espello do auténtico colaborador eficaz, tanto na súa vida activa como nestes anos de elocuente silencio emérito—, e pide aos seus diocesanos que roguemos polo eterno descanso do Santo Papa emérito.

No seu momento comunicarase a celebración na diocese das misas de exequias polo seu eterno descanso.

Mensaxe da Conferencia Episcopal Española ante o falecemento de Bieito XVI

O corpo do papa emérito Bieito XVI será trasladado á basílica de santo Pedro o vindeiro luns, 2 de xaneiro, para o saúdo dos fieis. O xoves 5 de xaneiro, ás 9:30 horas, na Praza de santo Pedro, o papa Francisco presidirá o rito das exequias.

Unímonos en oración a toda a Igrexa universal.

O 28 de febreiro de 2013 renunciou ao papado asumindo o título de papa emérito, coa intención de dedicarse á oración e ao retiro espiritual. A súa renuncia foi anunciada por el mesmo días antes, o 11 de febreiro, nunha decisión excepcional na Historia da Igrexa. A partir dese momento viviu como papa emérito á beira do seu sucesor, o papa Francisco, no mosteiro «Mater ecclesiae» do Vaticano.

Bieito XVI

16 de abril de 1927 — 31 de decembro de 2022

Coñece máis sobre a vida do papa emérito Bieito XVI, a través do especial creado pola Conferencia Episcopal Española

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp