10/12/2022

,

Santa Eulalia de Mérida
10/12/2022

,

Santa Eulalia de Mérida

Descobre a beleza das “pedras vivas” da catedral de Tui

Descobre a beleza das “pedras vivas” da catedral de Tui

San Juan  Damasceno expresou que «se un pagán vén e diche: móstrame a túa fe. Lévao á igrexa e, presentándolle a decoración con que está adornada, explícalle a serie de cadros sacros». Esta é precisamente, a proposta da delegación diocesana de Pastoral Xuvenil e Universitaria desde o 18 ata o 22 de agosto: axudar aos mozos e mozas para descubrir a beleza da arte da catedral de Tui para achegarlla a peregrinos e turistas durante un campo Pedras Vivas de formación e  evanxelización.

A xuventude de entre 18 e 30 anos interesada en profundar na fe a través da arte da catedral tudense poden inscribirse na actividade a través da seguinte ligazón. A inscrición supón un custo individual de 100€ para a comida, o aloxamento e outros materiais necesarios para a formación.

Ademais da formación intelectual en arte, historia e teoloxía que recibirán e os momentos de oración, os mozos terán a oportunidade de acoller a peregrinos e turistas que se atopen de paso na cidade de Tui para achegar a beleza da fe mediante a iconografía da fachada principal do templo tudense.

Esta experiencia de 5 días conta coa colaboración da comunidade de Pedras Vivas presente en Santiago de Compostela onde desenvolven un campo internacional de formación e servizo desde o ano 2013 coa participación de mozas de toda Europa que, nalgúns casos, forman parte doutras comunidades de Pedras Vivas. En España, existen outras comunidades ademais da compostelá en Madrid, Burgos e Barcelona.

Pedras Vivas nace en 2003 na catedral de Frankfurt como un grupo xuvenil  ignaciano cuxo obxectivo consiste en facilitar o encontro entre os afastados e a fe a través do percorrido espiritual que impregna a arte dos templos cristiáns. O apostolado das voluntarios Pedras Vivas concíbese como un exercicio espiritual cun estilo moi preciso: prioridade da oración, vida comunitaria intensa, acompañamento  mistagóxico do turista, sobriedade de vida, atención ao pobre e aos nenos e gratuidade radical do servizo. 

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp