12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe
12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe

Día da Igrexa Diocesá

Día da Igrexa Diocesá


Este domingo, a nosa Diocese de Tui-Vigo únese ao resto de Dioceses españolas para celebrar unha xornada que anualmente nos impulsa a afianzar o noso compromiso eclesial. Trátase dun día dedicado a coñecer e reflexionar sobre a actividade pastoral da nosa Diocese, e a necesidade de colaborar nas nosas parroquias achegando o que temos: o noso tempo, calidades, sostemento económico e oración.

Como toda familia, a Iglesia necesita a axuda de todos os seus membros para poder chegar a todos aqueles que precisan do seu labor evanxelizador, caritativa, celebrativa e social. Por iso, o noso Bispo mons. Quinteiro Fiuza, sinala na súa mensaxe para esta xornada a dobre función do Día da Igrexa Diocesana: “reflexionar sobre a implicación de todos en colaborar ao servizo que presta a Igrexa á sociedade en tantos ámbitos” e “informar con transparencia a cuantos colaboran co seu sostemento, sobre o destino das súas contribucións”.

Trátase tamén dunha oportunidade de animar aos fieis e ao conxunto da sociedade para continuar co exercicio de corresponsabilidade que supón a colaboración pastoral e económica para aumentar a presenza e actividade da Igrexa entre as familias, os mozos, os enfermos, os inmigrantes, os reclusos, os que viven en situación de exclusión social…Podes coñecer máis acerca da nosa Igrexa Diocesana na sección de “Diocese”: a súa historia, as súas sedes, os seus seminarios… Animamos tamén a profundar nas actividades de evangelización que acometen na nosa Diocese e os recursos necesarios para levalas a cabo na sección “Transparencia”.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp