20 de Abril de 2026,
Santa Inés de Montepulciano

Día do Seminario 2026: “Deixa as túas redes e sígueme”

Día do Seminario 2026: “Deixa as túas redes e sígueme”

O domingo 22 de marzo celebramos o Día do Seminario na maioría das dioceses españolas. Por isto, a Conferencia Episcopal Española (CEE) presenta a súa campaña con motivo do Día do Seminario, co lema “Deixa as túas redes e sígueme”, inspirado no Evanxeo de Lucas: “E deixando todo, o seguiron” (Lc 5, 11).

Presentación da nova web de Seminarios: 4pm.es

Ademais, este ano como novidade desde a CEE presentouse a páxina web da Comisión Episcopal para o Clero e Seminarios, coa dirección: 4pm.es. O nome da páxina fai referencia a un detalle do Evanxeo: «Eran como as catro da tarde» (Xn 1, 39), a hora que Xoán lembra porque foi cando decidiu quedarse con Xesús.

4pm ofrece preguntas claves para quen está buscando; para quen sente inquietude e necesitan parar, para quen necesita acompañamento. Nesta web tamén se atopan testemuños, recursos de pastoral vocacional especificamente sacerdotais, propostas, os materiais e recursos da Campaña do Seminario, as claves teolóxico-pastorais e materiais pensados para acompañar procesos reais «do que sente que deixar as súas redes —os seus medos, as súas dependencias, as súas pantallas— para seguir ao Mestre e servir ao Pobo de Dios como sacerdotes», como indican na web. Ademais, cada dúas semanas publicarán un videopodcast no que dous mozos dialogan sobre a vocación sacerdotal desde a súa propia experiencia.

Seminaristas da diocese de Tui-Vigo

As dioceses españolas contan con 1066 seminaristas este curso, o que supón 30 seminaristas máis que o curso pasado. Na nosa diocese de Tui-Vigo fórmanse tres seminaristas no Seminario Maior Interdiocesano «Apóstolo Santiago”: Ánxel Luis Abalde, que cursa o quinto ano de estudos eclesiásticos e realiza a súa formación pastoral na parroquia da Nosa Señora do Rocío; Xoán González, en cuarto curso e realizando a súa formación pastoral na Unidade Pastoral de Redondela; e Francisco Xavier Mouriño, na Unidade Pastoral de Ponteareas e realizando o cuarto curso.

No Seminario Maior Interdiocesano «Apóstolo Santiago» fórmanse seminaristas das dioceses de Mondoñedo-Ferrol, Santiago de Compostela e Tui-Vigo. Esta comunidade está formada por preto de vinte seminaristas. É xa o segundo ano de existencia deste Seminario interdiocesano, no que cada unha das dioceses conta cun formador, sendo no noso caso Don Ánxel Carnicero.

Mensaxe do bispo de Tui-Vigo con motivo do Día do Seminario

O bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, na súa mensaxe con motivo do Día do Seminario, invita a toda a comunidade diocesana a dar grazas a Deus pola vocación sacerdotal, recordando a actualidade desta singular chamada: “Seguir a Cristo como sacerdote é posible -tamén hoxe-, é unha boa aventura, alegre e transformadora, que dá sentido á vida e plenitude”.

Materiais para o Día do Seminario

ESTAMPA

SUBSIDIO-CELEBRANTE

SUBSIDIO-MONITOR

CLAVES TEOLÓXICO-PASTORAIS

CARTEL GALEGO

CARTEL CASTELLANO

Entre os recursos, outra das novedades da Campaña é unha canción titulada «Sígueme», composta e interpretada por Luispo e OzoresP, que se pode escoitar en Spotify.