12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe
12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe

O Día do Seminario celebrarase o 8 de decembro

O Día do Seminario celebrarase o 8 de decembro

O Día do Seminario foi trasladado ao 8 de decembro, solemnidade da Inmaculada Concepción, debido á pandemia do coronavirus. Habitualmente, a xornada celébrase o 19 de marzo, festividade de San Xosé.

A delegación de Pastoral Vocacional pon ao dispor de sacerdotes e parroquias os materiais desenvolvidos pola Comisión Episcopal para o Clero e Seminarios, cuxo lema, «Pastores misioneiros», pretende recoller a identidade do sacerdocio ministerial. Nos materiais da Comisión explican que «os sacerdotes, despois de que participan do sacerdocio de Cristo Cabeza, Pastor, Esposo e Servo (PDV,  n. 15), son chamados en verdade «pastores da Igrexa»; e en canto enviados por Cristo, cos Apóstolos (Mt 28, 19 ss), son esencialmente misioneiros dentro dunha Igrexa toda ela misioneira».

O traslado desta xornada coincide ademais coa habitual celebración de xoves que organiza a delegación de Pastoral Xuvenil: unha vixilia de oración que este ano terá como foco principal a vocación sacerdotal. A vixilia celebrarase o vindeiro luns, 7 de decembro, no templo parroquial de Santiago de Vigo; previamente, o bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro, presidirá a Eucaristía.

Os materiais do Día do Seminario poden descargarse a través das seguintes ligazóns.

MATERIAIS

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp