O primeiro domingo de outubro é unha data que quedará gravada a lume no corazón dun mozo de Chapela, Jesús García (29 anos), e outro de Vigo, Gabriel Gómez (25 anos). Amigos e familiares acudiron a esta cita para acompañalos nun día importante nas súas vidas; o día que publicamente dicían “si” ao cumprimento da vocación que Divos regaloulles e recibían a orde do diaconado.
Para quen os coñece desde hai tempo, a primeira impresión non foi o tembleque das mans, senón a súa vestimenta: a elegancia personificada a través dun traxe negro, cuxa única nota discordante era o branco do alzacuellos.
Agora, case un mes despois da súa ordenación como diáconos, ambos se despediron do Seminario Maior, no que estudaron este últimos seis anos. Eles defíneno como un familia, como un fogar no que atoparon un apoio para crecer na vocación. Neste sentido, senten a responsabilidade de ser os “maiores”, os que abren paso a quen vén detrás, pero ambos afirman que esta nova etapa «hay que vivirla con naturalidad; ellos son parte de nuestras vidas y estamos ahí para ayudar en lo que necesiten».
Ata o pasado 15 de outubro, os nervios os carcomían ante a incerteza do seu destino pastoral. A pesar diso, desde a súa ordenación, no seu interior aniñaba un único desexo co que se mostran unánimes: «ser fiel á vontade de Jesús e cumprir co encomendado».
Gabriel continuará na parroquia do Sagrario da Catedral de Tui, na que colabora desde hai dous anos, aínda que agora farao con máis responsabilidades e funcións. «Mi vida y mi entrega, a través de la formación, la escucha y el acompañamiento»,, declara Gabriel cando lle preguntan que espera achegar a esta comunidade tudense.
A parroquia do Sacro Corazón de Jesús de Vigo acollerá a Jesús García, quen espera atopar «unha comunidade viva e plural» da que poder empaparse na súa etapa como diácono. Nesta nova comunidade, Jesús quere «poner lo mejor de mí mismo para desarrollar la tarea de la Iglesia: Evangelizar, llevar a Cristo a los demás y vivir la fe en unión para sentirnos una familia».
A vocación de Gabriel xurdiu sendo xa un neno, pero non se desenvolveu ata que chegou ao Seminario Menor de Tui aos 13 anos. Alí, comezou o seu camiño de discernimiento marcado fortemente polo falecemento da súa avoa primeiro, e máis tarde da súa nai. Estes acontecementos foron decisivos na súa vocación, pero sobre todo unha frase da súa avoa que aínda hoxe lembra ««si quieres ser sacerdote, tiene que ser para hacer el bien».
Pola súa banda, Jesús fíxose máis o encontradizo con Deus. Sentiu a vocación de adolescente, pero durante anos ignorouna e lanzouse a estudar Restauración en Pontevedra. Iso si, nunca deixou de colaborar na parroquia. Durante a súa estancia de Erasmus en Roma, faleceu o seu párroco, don Hermelindo, a quen admiraba por ser xerme da súa vocación. Durante ese ano en Roma, Deus volveu insistir, pero non sería ata un ano despois cando finalmente dese o paso. «Soy de esas personas que necesitan estar muy seguras antes de hacer las cosas», declara.