O pasado domingo, 4 de outubro, a catedral de Tui acolleu a ordenación de dous novos diáconos para a Diocese de Tui-Vigo. A Eucaristía foi presidida polo bispo, don Luís Quinteiro.
Tras seis anos de formación no Seminario Maior, Gabriel Gómez e Jesús García ofreceron o seu si comprometido no camiño da súa vocación sacerdotal ante o bispo e #ante a comunidade cristiá alí presente. Esta ordenación celébrase no medio dun ano moi importante para a Diocese, no que catorce parroquias da cidade de Vigo cumpren o seu 50º aniversario, e no medio dunha pandemia mundial que azoutou fortemente á Igrexa.
O bispo, don Luís, exhortounos a «servir con amor e alegría tanto a Deus como aos homes», lembrándolles que é necesario manter un espírito valente e renovado pola forza transformadora de Xesucristo. Con isto, Gabriel e Jesús inician o seu camiño dentro da orde sacerdotal, formando parte do presbiterio diocesano, aínda que sendo un exemplo para os seus compañeiros seminaristas.