Hoxe, xoves 9 de outubro de 2025, a Santa Sede publicou a primeira exhortación apostólica de Robert Francis Prevost, o papa León XIV. Trátase dun traballo iniciado por Francisco sobre o tema do servizo aos pobres, en cuxo rostro atopamos «o sufrimento dos inocentes». O santo padre denuncia a economía que mata, a falta de equidade, a violencia contra as mulleres, a desnutrición e a emerxencia educativa.
León XIV firma a súa primeira exhortación apostólica, «Dilexi te» —«Ameite», (Ap 3, 9)—, un texto de 121 puntos que brota do Evanxeo do Fillo de Dios, que se fixo pobre desde a súa entrada no mundo e que relanza o Maxisterio da Igrexa sobre os pobres no últimos cento cincuenta anos. Entre os temas que aborda, destaca o amor de Cristo que se fai carne no amor aos pobres, entendido como coidado dos enfermos; loita contra a escravitude; defensa das mulleres que sofren exclusión e violencia; dereito á educación; acompañamento aos migrantes; esmola que «é xustiza restaurada, non un xesto de paternalismo»; equidade, cuxa falta é «raíz dos males sociais».
Con este documento asinado o 4 de outubro, festividade de San Francisco de Asís, o pontífice agostiño segue os pasos dos seus predecesores: Xoán XXIII, co seu chamamento aos países ricos en Mater et Magistra para que non permanecesen indiferentes ante os países oprimidos pola fame e a miseria (83); Paulo VI, con a Populorum progressio e a súa intervención na ONU «como avogado dos pobos pobres»; Xoán Paulo II, que consolidou doutrinalmente «a relación preferente de la Iglesia cos pobres»; Bieito XVI e a Caritas in Veritate, coa súa lectura «que se fai máis marcadamente política» das crises do terceiro milenio. Por último, Francisco, que fixo do coidado «polos pobres» e «cos pobres» un dos piares do seu pontificado.
Fonte: Vatican News.