Achégase o Domingo Mundial das Misións (DOMUND) e a Diocese prepárase para vivilo dunha maneira completamente nova e diferente. Non haberá sobres, nin huchas, nin dípticos nas portas das igrexas. Pero, sabes como colaborar? Sabes canto conseguiu axudar a Diocese o pasado ano? Anímasche a contribuír para alcanzar esa cifra?
A Delegación de Misións de Tui-Vigo ingresou unha contía de 99.854,92€ só na recadación do DOMUND do pasado ano 2019. A esta cifra hai que sumarlle as colectas polo día de San Pedro Apóstolo, cun total de 2.011,62€; e a Infancia Misioneira, con 7.898,53€. En total, a Diocese ingresou 109.765,07€ destinados a diferentes proxectos mundiais, cuxo obxectivo é a axuda social e a evanxelización dos pobos.
Este ano, desde a Delegación anímannos, por unha banda, a sensibilizarnos sobre a relevancia das misións no mundo e encomendar especialmente na oración aos misioneiros españois. Por outra, convídannos a contribuír, aínda que sexa con pouco, neste importante labor da Iglesia, non só diocesana, senón universal.
A través da nova web do DOMUND, www.domund.es, habilitouse unha pasarela de pago que acepta donativos con tarxetas de crédito. Tamén existe a opción de utilizar a plataforma Bizuum.
Por se iso fose pouco, desde OMP lanzaron a iniciativa #CorrePorElDomund, a primeira carreira solidaria virtual. Para participar, só hai que cubrir o formulario e unirse a un equipo como corredor. Unha vez inscritos os participantes reciben o seu dorsal e abonan o seu donativo. Ante as restricións sanitarias, cada corredor deberá responsabilizarse de correr, ou camiñar, os quilómetros prometidos entre os días 17 e 18 de outubro.