28 de Maio de 2024

,

San Germán de París
28 de Maio de 2024

,

San Germán de París

Dispoñible o subsidio «Ensínanos a Orar»

Dispoñible o subsidio «Ensínanos a Orar»

Con ocasión do Ano da Oración, o Dicasterio para a Evanxelización preparou unha serie de instrumentos e subsidios útiles para acompañar ás comunidades cristiás e a cada crente no itinerario de preparación para o Xubileu de 2025.

Xa está dispoñible online, e descargable gratuitamente no sitio web, en versión dixital, o subsidio «Ensínanos a orar», cuxo título está tomado do capítulo 11 do Evanxeo segundo Santo Lucas (Lc 11,1). O pequeno volume, inspirado no maxisterio do papa Francisco, quere ser unha invitación para intensificar a oración como diálogo persoal con Deus, para reflexionar sobre a propia fe e sobre o compromiso no mundo de hoxe, nos diferentes ámbitos nos que estamos chamados a vivir. O seu obxectivo é ofrecer reflexións, indicacións e consellos para vivir máis plenamente o diálogo co Señor, na relación cos demais. O subsidio componse de seccións dedicadas á oración na comunidade parroquial e en familia, e doutras dedicadas aos mozos, ás comunidades de clausura, á catequese e aos retiros espirituais.

XUBILeU 2025 — peregrinos de esperanza

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp