9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio
9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio

Dispoñibles as datas dos cursos prematrimoniais do ano 2024

Dispoñibles as datas dos cursos prematrimoniais do ano 2024
Foto: Banco de imágenes gratuito © Pexels.

A delegación de Pastoral Familiar da diocese de Tui-Vigo acaba de publicar as datas dos Cursos Prematrimoniais previstos para este ano 2024, paso previo para todas aquelas parellas con data de voda que soliciten recibir o sacramento do matrimonio. A primeira quenda de cursos comezará o sábado 3 de febreiro, na parroquia María, nai do bo pastor en Vigo e prolongaranse ao longo de todo o ano ata o mes de outubro  —exceptuando os meses estivais de xullo e agosto—.

Ao longo de todo o ano, os equipos de Pastoral Familiar —formado por sacerdotes e matrimonios— impartirán un total de 19 cursos en diferentes puntos da diocese de Tui-Vigo: en Redondela, O Porriño, A Ramallosa, Guláns, Vigo —no Seminario Maior «San Xosé» e nas parroquias de María, nai do bo pastor, Santa Teresa, o Cristo da Vitoria, San Paio de Navia e Santiago o Maior— e Tui —no Seminario Menor «San Paio»—.

A delegación de Pastoral Familiar remarca a importancia de inscribirse previamente para coñecer o número de parellas interesadas e as posibilidades de desenvolvelos tendo en conta os aforos dos salóns parroquiais nos que se impartirán as distintas sesións. Para inscribirse, as parellas deben contactar cos responsables de cada zona a través do número de teléfono que aparece no calendario dos cursos do 2024 e que se pode consultar a través da seguinte ligazón.

Pensado para casos excepcionais, a delegación tamén ofrece cursos en modalidade on-line para casos excepcionais, aínda que animan encarecidamente a participar de maneira presencial, xa que compartir con outras parellas este camiño de formación supón unha experiencia enriquecedora. Os interesados nesta modalidade telemática poden solicitar máis información a través do correo electrónico: pfamiliar@diocesetuivigo.org.

Os Cursos Prematrimoniais constitúen unha oportunidade de «axudar aos mozos para descubrir o valor e a riqueza do matrimonio», tal e como explica o papa Francisco no seu exhortación apostólica dedicada á beleza do matrimonio, Amoris Laetitia. Ademais, trátase dun momento para poñer sobre a mesa cuestiones que, quizais, non se trataron en profundidade durante o noivado.

Calendario dos cursos prematrimoniais 2024

Aquí poderás atopar as datas e lugares nos que se impartirán, así como o contacto para inscribirte

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp