A delegación de Pastoral de Santuarios e do Turismo publicou a información relativa á peregrinación diocesana ao Santuario de Fátima, en Portugal, que se levará a cabo do 22 ao 24 de setembro de 2023, á que está previsto que asista tamén o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, que, o último día da peregrinación, compartirá un xantar con todos os rexistrados
Esta peregrinación ten un custo económico de 170€ por persoa que inclúe, ademais do autobús privado durante toda a viaxe, aloxamento en hotel de 3 estrelas e pensión completa, xunto co seguro de viaxe. O cuarto individual supón un custo de 55 € a maiores.
O 15 de xullo finaliza o prazo para inscribirse nesta peregrinación ao santuario mariano de Fátima, en Portugal, que conta con prazas limitadas. Os interesados poden facer a súa reserva ou solicitar máis información na súa parroquia ou comunidade de referencia, ou ben a través do teléfono 986 91 30 51 ou do correo electrónico info@travelmakers.es.