Do 10 ao 15 de novembro, doce presbíteros da diocese de Tui-Vigo e outras dioceses contiguas participaron na quenda de exercicios espirituais para sacerdotes que organizou a Vigairía para o Clero no mosteiro franciscano de san Diego de Canedo, en Ponteareas. O venres 15, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, acudiu á eucaristía de clausura que concelebró xunto ao bispo emérito de Santander, Mons. Manuel Sánchez Monje, encargo de dirixir esta quenda.
Tal e como lembra a Vigairía para o Clero, os exercicios espirituais para sacerdotes, que se organizan unha vez ao ano e están abertos para todos os presbíteros que desexen asistir —independentemente da súa diocese de procedencia—, «son unha das mellores accións pastorais que nós, como ministros ordenados, podemos facer para servir á Igrexa segundo o Corazón de Cristo».