14/08/2022

,

San Maximiliano Kolbe
14/08/2022

,

San Maximiliano Kolbe

«Domingos de Pascua» — O bo pastor | BoscoVision

«Domingos de Pascua» — O bo pastor | BoscoVision

«Domingos de Pascua» é un programa creado pola produtora  BoscoVision  ProduCinema, a cargo do sacerdote salesiano Ángel  Fernández Prado, que consta de cinco vídeos cunha duración de cinco minutos sobre o tempo litúrxico da Pascua. Cada vídeo divídese en tres partes:

1. Escenas da película Xesucristo relacionadas co Evanxeo de cada domingo de Pascua.

2. Intervencións de diferentes persoas respondendo á pregunta «que me di a Palabra de Deus?». Nesta ocasión participan membros da comunidade parroquial de San Pedro de Angoares (Ponteareas -Pontevedra).

3. A reflexión de  Mons. D. Luís Quinteiro Fiuza, bispo de Tui-Vigo sobre o Evanxeo de cada domingo.

Esta iniciativa está dedicada a todas as persoas (nenos, adolescentes, novos, adultos e anciáns), sobre todo a persoas que están impedidas en casa e que non poden participar cada domingo na Eucaristía, persoas enfermas nas casas ou nos hospitais, persoas medorentas que viven este momento do  Covid.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp