O Instituto Teolóxico San Xosé inaugurou o curso académico 2020-2021, este mércores. O acto iniciou coa celebración da Eucaristía presidida polo noso bispo, don Luís Quinteiro.
Durante a súa homilía, o bispo, don Luís, remarcou especialmente a importancia de profundar na Palabra de Deus, centro da nosa vida e instrumento para coñecer a Jesús; e no coñecemento da tradición da Iglesia, universal e local. Tamén animou aos presentes para preocuparse por realizar unha avaliación continua das metodoloxías de avaliación, que deben axudar a alentar aos alumnos.
Terminada a Eucaristía, o acto seguindo no salón de actos. Don Antonio Menduiña, director do IT San Xosé, saudou aos presentes convidándoos a lembrar a fraxilidade coa que foi creado o ser humano. «Asumindo a nosa fraxilidade e febleza, traballando desde a humildade queremos ser fieis á Palabra de Deus e tamén como comunidade educativa e eclesial aprender a escrutar vos signos destes tempos difíciles», declarou o director.
Tras a lectura da memoria do curso anterior, marcado especialmente pola interrupción das clases presenciais provocada pola chegada do COVID.-19, don Avelino Bouzón impartiu a lección inaugural achega do privilexio de dona Pega rabilonga, vinculado coa restauración de Tui e a teoría de xénero. Acto seguido, don Guillermo Juan Morado presentou o volume 12-13 do Telmus. Anuario do Instituto Teolóxico San José e do Seminario Maior San José de Vigo.
Finalmente, o bispo, don Luís, deu por inaugurado o curso académico convidando os presentes a revalorizar a «fermosa realidade» na que se converteu o I. T. San Xosé, que conta con profesores de referencia, novas e adultos, no campo da formación teolóxica. Tamén, incidiu e animou a potenciar a formación dos laicos da Diocese.