30/11/2020

,

San Andrés

Dona Urraca, no seu 950 aniversario, protagonista da Inauguración do I. T. San Xosé

Dona Urraca, no seu 950 aniversario, protagonista da Inauguración do I. T. San Xosé

O Instituto Teolóxico San Xosé de Vigo prepárase para inaugurar un novo curso académico. O acto terá lugar o próximo 30 de setembro, como é normal, coas limitacións propias ante o COVID-19. 

O acto contará coa presenza do noso bispo, don Luís Quinteiro, que  presidirá a Eucaristía na capela do Seminario Maior ás 10:30  h. Acabada a celebración, o acto académico, a cargo do director do Instituto Teolóxico, don Antonio  Menduiña comezará ás 11:30  h no Salón de Actos.

#Ante o 950 aniversario, os asistentes poderán gozar do relatorio Privilexio de dona Urraca. A restauración da cidade de Tui e a teoría de xénero. A lección inaugural do curso está a cargo do profesor Avelino  Bouzón.

Durante o acto, o director de Publicacións, don Guillermo Juan Morado, presentase os nº 12 e 13 do Anuario  Telmus, correspondentes aos anos 2019 e 2020. Ademais, con motivo da súa xubilación, o profesor don Ricardo  Lión Pena será homenaxeado.

En canto á participación, o aforo será limitado para garantir as normas de hixiene e seguridade marcadas para previr o COVID-19. Só poderase asistir con invitación previa.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on email
Email
Share on whatsapp
WhatsApp