Este domingo, 8 de novembro, a Igrexa de Tui-Vigo celebra o seu día máis importante e quere contar contigo, que formas parte desta pequena porción do Pobo de Deus. Falar do Día da Igrexa Diocesana supón falar de acompañamento, da presenza da Igrexa de Tui-Vigo ao longo da vida dun cristián desde o seu bautizo, momento no que pasa a formar parte da gran comunidade que constitúe a nosa Diocese, ata a actualidade.
Como che estivemos acompañando? Que fixo a Diocese de Tui-Vigo ao longo de todo este tempo? Queremos ser transparente contigo e por iso, hoxe, queremos presentarche as contas de ingresos e gastos, as estatísticas, que cada ano envíanse á Secretaría de Estado e á Santa Sé.
Grazas por deixarnos acompañarche. Grazas por converter a Igrexa de Tui-Vigo nunha comunidade de comunidades. Somos o que ti nos axudas a ser. Somos unha gran familia contigo. Somos Iglesia 24/7.
DID_Prenda_2020_reducido