Para difundir a súa memoria conmemorando o aniversario do nacemento do soado músico renacentista xenio da música polifónica, G. Pierluigi Palestrina (1525-1594), o grupo vigués Ensemble Vocal «Angel Barja» e o lucense «Solo Voces» tiveron a iniciativa conxunta de programar concertos presentando a música e o contexto cultural de distintas épocas e personaxes, baixo o programa Ai Ondas.
Ademais de fomentar o aprecio pola música antiga e promover o diálogo entre música e patrimonio, como perspectiva pedagóxica de indubidable valor, esta iniciativa que promove Alberto Abal, organizou nesta ocasión dous eventos importantes sobre a música de Palestrina, nos que intervirán ambas as formacións corais.
De maneira máis ampla o sábado 22 de marzo cun concerto ás 20:00 horas na igrexa do mosteiro de Santa María de Oia baixo o título de Palestrina e ou seu Tempo e de modo máis reducido, na viguesa parroquia da Nosa Señora da Soidade (O Castro) o domingo día 23, cantando a misa das 12:30 o Ensamble vocal «Angel Barja» e ofrecendo daquela un breve concerto tamén con música de Palestrina a Coral «Solo Voces» de Lugo.