12/08/2022

,

Santa Juana Francisca de Chantal
12/08/2022

,

Santa Juana Francisca de Chantal

Dous mozos do Seminario Maior de Vigo recibirán a Orde do Presbiterado

Dous mozos do Seminario Maior de Vigo recibirán a Orde do Presbiterado

O vindeiro domingo, 10 de xullo, ás 18 horas, dous mozos recibirán o  sacramento da Orde de mans do bispo de Tui-Vigo,  Mons. Luís Quinteiro Fiuza, na catedral de Tui: Ramiro Álvarez e José Emilio Veiga serán ordenados  presbíteros.

Ramiro Álvarez Martínez (Arbo, 1979) estudou música no Conservatorio Nacional do Porto, especializándose en frauta  travesera e canto. Durante varios anos, exerceu como músico, profesor e director de diversas corais ata que no ano 2015 dá o paso ao Seminario Maior Compostelán. En 2018, debido aos problemas de saúde do seu pai pide o traslado para o seminario vigués. Durante o diaconado, estivo adscrito a parroquia de Santa María de Porriño.

José Emilio Veiga Balseiro (Redondela, 1988) traballou no sector naval tras terminar os seus estudos de bacharelato. A súa vocación sacerdotal está marcada pola súa pertenza á comunidade parroquial de San Román de Saxamonde, especialmente polo seu párroco, o centenario sacerdote Francisco Gago. Como diácono, foi secretario do bispo de Tui-Vigo e adscrito na parroquia do Sagrado Corazón de Xesús en Vigo.

O  sacramento da Orde,  sacramento polo que algúns fieis son constituídos ministros sacros, comprende tres graos: o episcopado, o  presbiterado e o  diaconado. Ramiro e José Emilio entrarán a formar parte do presbiterio diocesano, converténdose en colaboradores do bispo en diversas tarefas, entre as que poderiamos destacar a celebración dos  sacramentos da Eucaristía e da Reconciliación.

Actualmente, segundo últimos datos enviados á Conferencia Episcopal Española, a diocese conta con 186 sacerdotes  incardinados e 4  diáconos permanentes que desenvolven a actividade pastoral e  sacramental da Igrexa de Tui-Vigo.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp