13 de Outubro de 2024

,

Santo Teófilo
13 de Outubro de 2024

,

Santo Teófilo

Dous novos aspirantes ao sacerdocio na diocese de Tui-Vigo

Dous novos aspirantes ao sacerdocio na diocese de Tui-Vigo
FOTO.- A la izq. Ángel Luis Abalde y, a la drcha., Francisco Mouriño, nuevos seminaristas de Tui-Vigo | © Diocese de Tui-Vigo

A diocese de Tui-Vigo suma este novo curso dous novos aspirantes ao sacerdocio que xa se incorporan   á      nova   comunidade   do   Seminario   Maior Interdiocesano (SMI) de Galicia: Ángel Luís Abalde e Francisco Mouriño. O SMI está formado por 23   seminaristas, procedentes das dioceses de Mondoñedo-Ferrol, Santiago de Compostela e Tui-Vigo, que son atendidos por tres formador pertencentes a esas dioceses

Os novos seminaristas son: Ángel Luís Abalde Alonso  (Vigo,  1973), licenciado en Ciencias Relixiosas, que traballou  durante 23 anos no sector automobilístico e que combinaba cos seus estudos de Filosofía na UNED e como catequista na parroquia de Santa María de Castrelos. Tamén se incorpora ao SMI, Francisco   Mouriño   Sesar (Vigo,   1970) que  durante   20   anos,   traballou   no      sector transportes   e   participou   como   voluntario   da      delegación   da      Pastoral   Penal, acompañando internos no Centro Penal da Lama e no piso que a diocese ten en Vigo para atender a quen  sae de permiso e non contan con vinculacións familiares no exterior

Estudando ambos no Seminario Maior de Vigo sendo máis novos, despois dun proceso longo de discernimento, decidiron cada un pola súa conta, deixar os seus traballos actuais e regresar á súa formación como seminaristas para responder á vocación ao sacerdocio que, xa no pasado, manifestar.  Así, súmanse á comunidade do SMI como seminaristas de Tui-Vigo, onda os que xa estaban: Juan González e Miguel Fernandes.

O sacerdote tudense e formador do SMI, Ángel Carnicero Carrera, manifestou que   o   principal   reto, agora, é comprender a nova realidade do SMI que «non   son   tres seminarios, nin tampouco   un   seminario   que   concentra a seminaristas, porque cada un dos seminaristas forman parte dunha diocese e serán presbíteros desas dioceses.  Trátase de combinar, durante a semana, o traballo e a idiosincrasia do novo centro e, a fin de semana, a pastoral e a experiencia na diocese propia, para que se equilibre moi ben o interdiocesano e o diocesano, que non son opostos, senón complementarios».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp