21 de Abril de 2026,
San Anselmo

Dous novos diáconos para a diocese de Tui-Vigo

Dous novos diáconos para a diocese de Tui-Vigo
FOTO.- A la izq., Miguel Fernandes; a la drcha., Manuel Marín | © Diocese de Tui-Vigo

O sábado 28 de xuño, ás 12.00 horas, o bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, na catedral tudense de Santa María, conferirá o diaconado, primeiro grao da Orde sacerdotal, con carácter transitorio ao seminarista Miguel Ángel Fernandes de Andrade e durante esta mesma celebración, a Manuel Marín Cobos ordenaralle de diácono permanente.

Como é sabido, o sacramento da Orde polo que algúns fieis son constituídos ministros sacros, comprende tres graos: o episcopado, o presbiterado e o diaconado. E neste primeiro grao hai dúas clases de diáconos: os diáconos «transitorios», que un día serán ordenados presbíteros, e os diáconos «permanentes», que son ordenados só e para sempre como diáconos. O diaconado permanente pode ser conferido a homes célibes ou casados, como no caso do novo candidato ao diaconado Manuel Marín. En tal circunstancia, debe pedirse o consentimento da esposa

Miguel Ángel Fernandes de Andrade (Maracay, Venezuela, 1977) provén dunha familia numerosa de nove irmáns, cuxos pais de orixe portuguesa emigraron a Venezuela. É licenciado en Contadoría Pública, pola Universidade de Oriente, en Monagas, Venezuela; posteriormente, traballou como funcionario en Pao de Açucar  do Grupo Auchan (Portugal). Desde setembro de 2018, tras o seu desexo de ser sacerdote, entra como seminarista no Seminario Maior «Santo José» de Vigo, onde realizou os estudos de Teoloxía.

Manuel Marín Cobos (Lucena, 1964) crece nunha familia numerosa de cinco irmáns homes. Aos 18 anos, ingresa na Marina Española con vistas a facer o seu futuro na Armada. Durante a súa estancia na Academia Militar da Etea, en Vigo, fai un curso de cristiandade no que coñece á que hoxe en día é a súa esposa, María Fernanda López, con quen contrae matrimonio en 1988; froito da unión conxugal teñen dous fillos. En 1990, deixa a Marina e comeza a súa traxectoria laboral na empresa de Aceiros Inoxidables do Grupo Acerinox que, en 1997, trasladarao ao Porriño como delegado comercial. En 2021, tras realizar un curso de Teoloxía, comeza a súa formación para recibir este sacramento á Orde.

Como diáconos, tanto Miguel como Manuel poderá asistir ao bispo e aos presbíteros na celebración da Eucaristía e na distribución da comuñón; asistir á celebración do matrimonio e bendicilo; proclamar o Evanxeo e predicar; presidir as exequias; e entregarse aos diversos servizos da caridade.

Actualmente, a diocese conta con 172 sacerdotes incardinados —sen contar aqueles que pertencen a unha orde relixiosa, pero exercen o seu ministerio neste territorio diocesano— e 5 diáconos permanente que desenvolven a actividade pastoral e sacramental na Igrexa de Tui-Vigo.