20 de Maio de 2026,
San Bernardino de Siena

«Economía integral, economía circular», título do primeiro seminario de formación de Cáritas

«Economía integral, economía circular», título do primeiro seminario de formación de Cáritas
FOTO.- Asistentes al primer seminario de formación. Al fondo, junto a la imagen de la virgen, María Luz Jorge, encargada de impartir la sesión | © Cáritas Diocesana de Tui-Vigo

O luns 11 de novembro, ás 17.30 horas, os locais parroquiais de San Xosé Obreiro e Santa Rita en Vigo acolleron o primeiro seminario de formación, organizado por Cáritas Diocesana de Tui-Vigo e dirixido a todas as persoas voluntarias da diocese tudense. «Economía integral, economía circular» foi o título desta primeira sesión formativa que impartiu María Luz Jorge Fuente, responsable do proxecto téxtil de Cáritas Moda re- que, desde a súa fundación, xerou xa 35 empregos de inserción social.

Ao longo de todo o curso pastoral 2024-2025, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo programou 3 seminarios de formación para o voluntariado. Ademais desta primeira cita que transcorreu onte, en febreiro , desenvólvese a segunda sesión ao redor do tema da cooperación fraterna e, en maio , o terceiro e último encontro no que se expoñerán os diferentes programas diocesanos que levan a cabo desde a entidade caritativa da Igrexa en Tui-Vigo.

Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, durante este curso pastoral, quere fortalecer a participación e pertenza de todas as persoas involucradas coa entidade, establecendo novos procesos que respondan as necesidades identificadas conforme o lema institucional «Alí onde nos necesites, abrimos camiños de esperanza». Estes seminarios de formación son un medio para incrementar, precisamente, a participación do voluntariado, á vez que reciben formación para unha mellor atención e acompañamento das persoas vulnerables que acoden ás diferentes Cáritas.