19 de Marzo de 2024

,

San José
19 de Marzo de 2024

,

San José

O Papa fai balance da súa viaxe a Tailandia e Xapón

O Papa fai balance da súa viaxe a Tailandia e Xapón
Papa-Francisco-Nagasaki

Só un día despois de aterrar da súa 32º Viaxe Apostólica Internacional a Tailandia e Xapón, do 19 ao 26 de novembro, o Papa Francisco adicou a catequese da Audiencia Xeral do mércores 27 a comentar esta visita que realizou como mensaxeiro de paz.

Na súa catequese, o Santo Pai dixo que a súa visita a Tailandia e Xapón foi un don que agradece ao Señor, e renovou a súa gratitude ás Autoridades e Bispos destes dous países, que o invitaran e acolleran, e agradeceu especialmente ao pobo tailandés e xaponés. “Esta visita – precisou o Pontífice– ten aumentado a miña proximidade e afecto por estes dous pobos: Deus os bendiga con abundancia de prosperidade e paz”.

En Tailandia, o Papa lembrou que tivo a oportunidade de participar do encontro ecuménico e interrelixioso, recoñecendo a rica tradición espiritual e cultural do pobo Thai, e en Xapón compartiu cos bispos o reto de ser pastores dunha Igrexa pequena, pero portadora da auga viva que é o Evanxelio de Xesús baixo o lema “Protexer toda vida”. Tratouse dun evento histórico para un país que porta as feridas do bombardeo atómico e do triple desastre de 2011; precisamente, o Papa Francisco condenou novamente en Nagasaki e en Hiroshima as armas nucleares e a hipocresía de vender material bélico, lembrando tamén a memoria dos mártires san Pablo Miki e os 25 compañeiros, o beato Xusto Takayama e tantos cristiáns que conservaron a fe nos momentos de persecución.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp