O pasado mércores 8 de xaneiro, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, asinou o decreto de convocatoria dos sacerdotes con dereito a voto para a elección dos novos membros do que será o XIII Consello Presbiteral, órgano consultivo que manifesta a sinodalidad de la Iglesia diocesana. Unha vez realizadas as eleccións, a reunión constitutiva do novo consello terá lugar no Seminario Maior de Vigo, o 13 de febreiro, ás 10.30 horas.
Tamén o pasado mércores, decretouse a modificación do Regulamento do Consello de Presbiterio. Serán, agora, os arciprestes e os responsables dos diferentes grupos pastorais os encargados de sinalar o lugar, o día e a hora da primeira e segunda convocatoria de elección. Ambas as convocatorias deberán celebrarse antes do 31 de xaneiro, data na que se deberán entregar as actas á Vigairía Xeral.
No que respecta aos membros do consello, o regulamento diferencia entre membros natos, membros electivos e membros de libre designación episcopal. No caso dos membros electivos, establecéronse cinco tipos de representantes: un representante de cada un dos arciprestados da diocese (14); un representante dos sacerdotes que residen na Casa Sacerdotal e non teñen cargo pastoral; un representante dos sacerdotes diocesanos sen cargo parroquial e sen vinculación a un arciprestado; un representante dos Institutos de Vida Consagrada e Sociedades de Vida Apostólica; e un representante da Prelatura.
Tal e como se explica nos estatutos do Consello Presbiteral, trátase dun órgano consultivo e «é a canle representativa para que o bispo escoite aos seus sacerdotes, consúlteos e trate con eles sobre cousas referentes ás necesidades do traballo pastoral e ao ben da diocese».