Mons. Luís Quinteiro, actual bispo de Tui-Vigo, define ao seu predecesor, Mons. José Diéguez, recentemente falecido, como “unha persoa entrañable de gran sensibilidade. Era un home ao que non lle gustaban moito os grandes escenarios; moi humilde, cunha proximidade persoal e unha absoluta entrega. Destacaba pola súa profunda fidelidade cara a todos os que o trataban e coidado. Damos grazas a deus pola súa presenza na nosa diocese de Tui-Vigo, á que quería moito, e pedimos que nos siga protexendo desde o ceo”.
O actual bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, convida a toda a comunidade diocesana a participar nalgún dos dous funerais polo eterno descanso de Mons. José Diéguez Reboredo —que pastoreou esta diocese desde xullo de 1996 ao 28 de xaneiro de 2010 e faleceu á primeira hora da tarde do 18 de xullo de 2022—, o mércores 27, ás 17 horas na catedral de Tui e, ao día seguinte, ás 18 horas, na concatedral-basílica de Vigo. Mons. Diéguez será velado no Tanatorio de Boisaca en Santiago de Compostela e o mércores día 20, ás 16:30 horas, celebrarase a misa de corpore in sepulto na capela das Irmanciñas dos Anciáns Desamparados, ás que estivo a atender ata a súa enfermidade.
- José Diéguez, el obispo del sínodo “más nuestro”, por Alberto Cuevas Fernández, en Faro de Vigo — VER.
- Adiós a un hombre humilde y un religioso con convicción, por José Pérez Domínguez, en La Voz de Galicia — VER.
- José Diéguez Reboredo, el bueno de don José, por José Carlos Fernández Otero, en La Región — VER.