O pasado 16 de abril faleceu, aos 91 anos, no Hospital Piñor de Ourense, María Dolores Lorenzo Guisado, coñecida cariñosamente entre os seus amigos, familiares e veciños como Lolita.
Lolita naceu en Mondariz Balneario, filla de Indalecio e de María Luisa; na súa adolescencia consagrouse persoalmente ao Señor, e máis tarde uniuse ao Instituto Secular Alianza en Xesús por María, que coñeceu nunhas convivencias.
Colaborou activamente na parroquia como catequista e en liturxia, e sempre disposta a prestar calquera outro servizo. Finalmente, ese espíritu a levou, despois do coidado a súa nai e unha vez falecida ésta, a cumplir o seu sono de poder ir ás misións.
Seguindo o mandato do Mestre de anunciar o Evanxeo por todo o mundo, partiu de misións a Ecuador; concretamente a San Antonio de Machala, capital da provincia de El Oro. Alí desempeñou o seu labor durante trece anos: dedicou o seu tempo e a súa vida a catequizar, a visitar enfermos, ensinar corte e confección… Foi un gran instrumento de Deus.
Tempo despois tivo que volver a España, o seu pobo, por motivos de saúde, pero seguiu a súa actividade con espíritu misioneiro na parroquia ata que chegoulle a enfermidade. A enfermidade foi borrando a súa memoria, pero Deus recordou toda a entrega que Lolita fixo da súa vida, como dice a Sagrada Escritura:
¿Puede una madre olvidar al niño que amamanta, no tener compasión del hijo de sus entrañas? Pues, aunque ella se olvidará, yo no te olvidaré (Is 49,15)
Partiu ao encontro do Señor o 16 de abril do 2026, aos 91 anos de idade.
O funeral polo seu eterno descanso celebrouse na parroquia da Nosa Señora de Lourdes e o seu corpo foi sepultado no cemiterio parroquial, na espera da Pascua de Resurrección.
Recollemos unhas breves pinceladas dalgunhas persoas que a coñeceron:
“Seguro que ahora pasado el combate de muerte, el alma de Lolita ha podido encontrarse con Jesucristo Resucitado. Que Él sea para ella, que se consagró desde joven la alegría para toda la eternidad, y que también goce de la presencia de Nuestra Señora de Lourdes a la que estuvo unida por un filial cariño” (Palabras do Párroco na homilía do funeral)
“El mejor recuerdo que tengo de Lolita es que fue una mujer educada, piadosa y sencilla, amaba a Jesús y a la Virgen su madre; fue muy discreta, nunca alardeó de lo que hacía” (Freguesa da Parroquia)
“Piadosa, entregada y disponible; atenta a todo y servicial con todas. En resumen: llevó una vida santa” (Irmá Aliada)
Desde a Delegación de Misións de Tui Vigo, damos grazas a Deus pola vida de Lolita e oramos por ela.