18 de Novembro de 2026,
Dedicación de las Basílicas de los Apóstoles San Pedro y San Pablo

En outubro, retiro de Proxecto Amor Conxugal en Poio

En outubro, retiro de Proxecto Amor Conxugal en Poio

Do 23 ao 25 de outubro, Proxecto Amor Conxugal organiza, no mosteiro de San Xoán de Poio (Pontevedra), un retiro para matrimonios baseado nas catequeses de san Xoán Paulo II sobre a Teoloxía do Corpo.  Este retiro vai dirixido a todos os matrimonios da diocese de Tui-Vigo que queren vivir unha experiencia de amor xuntos —estean en crise ou non— ou queiran fortalecer e reavivar o sacramento recibido. A inscrición, que ten un custo de 310 euros por parella, pode realizarse de maneira on-line a través do seguinte enlace.

Sobre Proxecto Amor Conxugal

É un método para matrimonio que nace en agosto de 2022, composto por matrimonios católicos que queren profundar na súa vocación conxugal, cun espírito misioneiro. Con carácter diocesano en Málaga, estendeuse a diversas dioceses de España, coa supervisión dos párrocos respectivos, delgados Pastoral Familiar e bispos de cada dioceses.

Está baseado nas catequeses de san Xoán Paulo II sobre o amor humano e consiste en traballar sobre tres piares —fe, formación e vida— para recuperar o plan de Deus para o matrimonio e a familia, o que iniciou desde a creación do home-muller, e que ten como obxectivo a santidade.