10 de Abril de 2026,
San Ezequiel

En setembro, regresa a programación diocesana a COPE Vigo

En setembro, regresa a programación diocesana a COPE Vigo
FOTO.- Estudios de COPE Vigo

Tras o parón estival, a partir do venres 5 de setembro, regresa unha nova tempada da programación local da Igrexa diocesana na cadea COPE, que desenvolve a delegación diocesana de Medios de Comunicación Social: O espello de Tui-Vigo e o Igrexa Noticia. Cada semana, poderase seguir en directo a través do dial 87.8 FM ou na web de COPE.

  • O espello de Tui-Vigo | Venres, ás 13.33 horas
  • Igrexa Noticia Tui-Vigo | Domingos, ás 09.45 horas

Ambos os programas poderanse escoitar tamén en diferido a través da web da cadea COPE Vigo.

Ademais, as delegacións de Medios de Comunicación Social de Galicia continuarán coa programación rexional que, desde hai dous anos, desenvolven conxuntamente. Así, o primeiro venres de cada mes, emitirase un programa conxunto de O espello para toda a comunidade galega, no que se contarán as noticias máis destacadas do ámbito interdiocesano.