O sábado 15 de abril, as Cáritas diocesanas da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela reuníronse na cidade do apóstolo para celebrar o seu encontro anual de voluntarios, que este ano se centrou nos dereitos humanos como chave interpretativa do seu labor a favor dos máis desfavorecidos. A través de distintos talleres, reflexionouse sobre o traballo que realiza esta institución na defensa dos dereitos fundamentais das persoas.
O programa «Polo camiño da fe» da Televisión de Galicia dedico o programa do domingo, 23 de abril a este encontro anual de Cáritas de Galicia.