18 de Febreiro de 2026,
San Eladio

Encontro de Catequistas de Galicia en Santiago de Compostela

Encontro de Catequistas de Galicia en Santiago de Compostela

Este sábado os catequistas galegos teñen cita en Santiago de Compostela, onde ás 10.30H comenzará na Hospedería de San Martín Pinario o Encontro de Catequistas de Galicia. Pensada para ser unha xornada de encontro e de reflexión, os catequistas poderán coñecer de primeira mán as diferentes experiencias de catequesis que se están vivindo nas dioceses, para así valorar conxuntamente a misión catequética no momento e sociedade actual.

Será un día de compartir e tamén de crear comunidade entre os diferentes axentes de pastoral das nosas cidades. A este vínculo máis persoal contribuirá a comida de confraternidade, que formará parte desta xornada. O peche do evento culminará co centro da nosa fe, coa celebración da Santa Misa, sobre as 17H.

As inscripcións xa están abertas e dende a organización anímase a todos os párrocos e catequistas a inscribirse antes do próximo mércores 21 de xaneiro. O enlace para anotarse á xornada é o seguinte.