Con motivo do novo curso pastoral 2025-2026, o sábado 8 de novembro, os locais parroquiais de Santa María do Porriño acolleron o encontro de diáconos permanentes e aspirantes ao diaconado da diocese de Tui-Vigo. A xornada, que contou coa participación do bispo tudense, monseñor Antonio Valín, foi unha oportunidade para afianzar os lazos de unión entre os diáconos e aspirantes.
O encontro consistiu nun retiro durante o que houbo espazo para a oración e o diálogo, no que se abordaron temas de interese para os diáconos. Tamén se presentou a programación de reunións e encontro previstas para este novo curso.
A diocese de Tui-Vigo conta cun total de 6 diáconos permanente e 4 aspirantes ao diaconado permanente, que reciben a súa formación no Centro Teolóxico «San Xosé» en Vigo. O 19 de setembro, fíxose público o nomeamento do novo responsable diocesano para o diaconado permanente, o sacerdote Ángel Carnicero.

