29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio
29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio

Encontro de familias retornadas e migrantes

Encontro de familias retornadas e migrantes

Baixo o título “Acollendo”, a Delegación de Pastoral Familiar da nosa Diocese organiza o domingo día 22 de decembro unha celebración á que están convidadas tódalas familias da Diocese que queiran participar e moi especialmente todas aquelas familias migrantes e/ou retornadas. Celebraremos xuntos o Nadal compartindo a cultura e tradicións de tódolos que queiran achegarse a vivir esta oportunidade de compartir con ledicia o agasallo da comuñón fraterna que trae a festa do nacemento de Cristo

A celebración comezará ás 17:00h. do domingo 22 con unha Eucaristía na Parroquia de Nosa Señora do Rocío de Vigo (Avda. Castelao, 60), e continuará ás 18:00h co encontro festivo no que cada familia ou grupo poderá compartir a cultura e tradicións do seu país (panxoliñas populares, música, etc.)

Trátase dun evento que se enmarca no Plan Pastoral para este curso 2019/2020, que contempla como unha das súas accións principais promover unha campaña de sensibilización sobre as persoas migrantes, no exercicio da caridade e da misericordia, da promoción humana e do desenvolvemento integral da persoa, perante un dos maiores problemas sociais que estamos a vivir, e seguindo os catro verbos que o Papa Francisco propón en relación á atención aos migrantes: acoller, protexer, promover e integrar. Neste sentido, a celebración do próximo domingo será un xeito moi concreto de realizar esta acollida no contexto do Nadal.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp