14 de Maio de 2026,
San Matías

Encontro de mozos co Papa en Madrid

Encontro de mozos co Papa en Madrid

Pastoral Xuvenil e Universitaria da Diocese de Tui-Vigo organiza unha peregrinación a Madrid para o encontro de mozos co Papa León XIV. O Santo Padre visitará España do 6 ao 12 de xuño, e o fin de semana do 6 terá un encontro con mozos na capital española.

A viaxe organizada coa Pastoral Xuvenil da nosa Diocese é desde o venres 5 de xuño ata o domingo 7, cunha salida prevista o venres sobre as 16:00-17:00 horas da tarde.

Todos os peregrinos que acudan a este macroencontro, no que se prevé que asistan millón e medio de mozos de toda España, poderán participar nos actos organizados co Papa, como a Vixilia o sábado pola noite na Praza de Lima ou a celebración da Santa Misa e procesión do Corpus na praza de Cibeles, así como de vivir unhos días a fe en comunidade.

Están invitados a unirse a esta peregrinación todos os mozos de entre 15 e 35 anos, sendo a data límite de inscripción o 5 de maio. O precio, que inclúe transporte, aloxamento, seguro e almorzos, é de 65 euros. As prazas son limitadas: ¡Non o perdas!