12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe
12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe

Encontro de Nadal para familias migrantes

Encontro de Nadal para familias migrantes

O sábado 16 de decembro, ás 17 horas, no colexio das Fillas de María Inmaculada, as delegacións de Pastoral Familiar, Migracións e Cáritas Diocesana de Tui-Vigo organizan un encontro de Nadal para familias migrantes presentes na xeografía diocesana, baixo o lema «Paz aos homes de boa vontade». O bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, tamén acompañará ás familias presidindo a eucaristía na capela do colexio, ás 19 horas.

Con esta iniciativa, as delegacións de Pastoral Familiar, Migracións e Cáritas queren crear un espazo de acollida no que as persoas que se atopan nunha situación de distancia das súas familias e contornas culturais poidan expresar e vivir o Nadal en comunidade, manifestando así a riqueza e diversidade das persoas que viven no noso territorio.  Para iso, durante o encontro, os asistentes poderán participar en diversos talleres para profundar no sentido do Nadal, pero tamén gozarán de momentos distendidos en familia, para coñecerse, crear comunidade e compartir expresións do Nadal típicas dos seus países de orixe. 

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp