5/07/2020

,

San Antonio María Zaccaria

Encontro de Pastoral Familiar: “As benaventuranzas no matrimonio”

Encontro de Pastoral Familiar: “As benaventuranzas no matrimonio”

O sábado 8 de febreiro, a Delegación de Pastoral Familiar organiza o segundo encontro para os axentes de cursillos prematrimoniais, matrimonios, sacerdotes e todos aqueles que estean interesados nesta pastoral a nivel persoal, parroquial ou diocesano.

Nesta ocasión, o franciscano Miguel de la Mata, excelente comunicador e profesor do Instituto Teolóxico Compostelano, convidaranos a reflexionar sobre “As benaventuranzas no matrimonio”, no Seminario Maior de Vigo en horario de 10:30 a 13:30h.

Con estes encontros búscase reflexionar xuntos, motivar e ofrecer recursos e pistas prácticas no servizo de acompañamento ás familias, polo que son abertos a tódolos que queiran participar.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest