O Papa León XIV estará en España nunhas semanas, do 6 ao 12 de xuño. Non é unha viaxe calquera nin unha visita solo a Madrid, Barcelona e Canarias: é a visita do sucesor de Pedro á Igrexa que camiña en España. É por isto que é importante preparar o noso corazón para este acontecemento.
Desde a nosa Diocese de Tui-Vigo celebraremos un encontro diocesano, presidido polo bispo, que visibilice a comuñón de igrexa particular co Romano Pontífice. Este encontro será o vindeiro venres, 29 de maio, no Seminario Maior de Vigo, de 19 horas a 22 horas.
Constará de tres momentos: acollida, interiorización e celebración. Na acollida teremos a oportunidade de ensaiar o himno oficial da visita do Papa a España: “Alza a mirada“.
O momento de interiorización compondrase de talleres para afondar en aspectos da visita do Papa. Os temas en relación aos que xirarán ditos talleres serán a conversión, o amor fraterno e a arte relixiosa. A xornada concluirá coa celebración da Eucaristía presidida polo bispo da diocese, Mons. Antonio Valín.