O mércores 13 de agosto, os responsables de Pastoral Xuvenil das cinco dioceses galegas da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela reuníronse en Lugo para o seu habitual encontro de traballo. Ata alí, trasladáronse o delegado de Pastoral Xuvenil e Universitaria da diocese de Tui-Vigo, Samuel Montes, e o sacerdote membro da delegación, Jesús García Lourido.
O encontro estivo presidido polo bispo de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco Rouco, que, entre outras responsabilidades interdiocesanas, é o prelado encargado de coordinar o traballo da Pastoral Xuvenil e Universitaria en Galicia. Durante a xornada, os responsables realizaron unha valoración da peregrinación a Roma con motivo do Xubileu da Mocidade, así como do resto de actividades realizadas durante os últimos meses; ademais, tamén elaboraron a planificación do próximo curso pastoral.



