14 de Maio de 2026,
San Matías

Encontro Diocesano de Catequistas: a arte de anunciar a Xesús

Encontro Diocesano de Catequistas: a arte de anunciar a Xesús
Encuentro Diocesano de Catequistas 2026

O sábado día 18, máis dun centenar de catequistas de Tui-Vigo reunímonos na Asemblea Diocesana baixo o lema CatequiArt, un encontro no que a creatividade se puxo ao servizo da fe. Foi unha xornada chea de vida na que o debuxo e a música se converteron en linguaxes privilexiadas para anunciar o Evanxeo, abrindo camiños novos para chegar ao corazón das persoas no tempo de hoxe.

Ao longo do día, deixámonos guiar polo fío condutor dos talentos, esa chamada a recoñecer e poñer ao servizo dos demais os dons que cada un recibimos. Nesta clave, os talleres estiveron a cargo de Agustín de la Torre (Jartista) e Toño Casado (Curartista), quen, desde o seu testemuño e creatividade, nos animaron a descubrir como facer vida o Evanxeo a través da arte. Con trazos e melodías, axudáronnos a comprender que cada talento, por pequeno que pareza, pode converterse nunha ferramenta única para transmitir a mensaxe de Xesús con autenticidade e beleza.

Foi, sen dúbida, un encontro enriquecedor que nos invita a seguir cultivando os nosos talentos e a empregalos con ilusión e compromiso na misión catequética, facendo da arte unha ponte viva entre a fe e o mundo.

Encuentro Diocesano de Catequistas
Encuentro Diocesano de Catequistas
« de 81 »