Chega o Encontro Diocesano de nenos e familias, baixo o lema “Unha catequese viva, en familia!”. O encontro celebrarase o vindeiro sábado, 9 de maio, no Colexio Amor de Deus, de 10:30 horas a 18:00 horas.
Organizado pola Delegación de Catequese e a de Familia, esta xornada tan especial está pensada para nenos, grupos de confirmación e familias. Será un espazo de encontro, fe e convivencia, onde a familia será a gran protagonista. Un día para compartir, medrar na fe e vivir a Igrexa en familia.
Para anotarse a este encontro, é necesario facelo na seguinte ligazón. É preciso que se anoten os nenos de catequese, e que se indique se virán só co catequista da parroquia ou acompañados por algún familiar (pai, nai, etc.). Anímate a compartir e participar!