14 de Abril de 2026,
San Telmo

Encontro do bispo de Tui-Vigo co grupo empresarial Vicus Gallaecia

Encontro do bispo de Tui-Vigo co grupo empresarial Vicus Gallaecia
FOTO.- Participantes en el encuentro de ayer organizado por Vicus Gallaecia

Onte, luns 27 de outubro, o Hotel-Pazo Os Escudos da cidade olívica acolleu o encontro entre o bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, e o grupo empresarial Vicus Gallaecia, composto por empresarios e empresarias líderes en distintos sectores económicos de Vigo e de Galicia e presidido por José Manuel Fernández Alvariño, Ao encontro tamén asistiron o bispo emérito de Tui-Vigo, monseñor Luís Quinteiro, o arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto, e o ecónomo da arquidiocese compostelá, Fernando Barros.

No transcurso da xornada, os integrantes de Vicus  Gallaecia analizaron diversos temas, desde unha mirada á sociedade, a Igrexa e as súas institucións, a educación, a crise de valores, as vocacións, o mundo empresarial e do traballo, o Ano Santo ou a postura ante os conflitos no mundo, como a crise climática e os conflitos bélicos.

O grupo empresarial Vicus Gallaecia, fundado en 2021, fundaméntase en impulsar Vigo e Galicia, contribuír ao desenvolvemento económico e social de España e dialogar coas personalidades que marcan a axenda e o pensamento político, económico e social.