O sábado 18 de xaneiro de 2025, o grupo Scouts Alhoia da diocese de Tui-Vigo tivo o seu habitual encontro no barrio tudense de Riomuiños , que, nesta ocasión, contou coa presenza do bispo Mons. Antonio Valín. O Comité de Pais e Nais foi o encargado de recibir ao prelado, que, durante a súa visita, puido coñecer os locais onde desenvolven as diferentes actividades. Ademais, pais, nais e scouts de diferentes idades compartiron un intre de oración co pastor de la Iglesia diocesana de Tui-Vigo.
Desde 1974, o grupo Scouts Alhoia, que pertence á federación interdiocesana «Escultismo Católico Galego», promove actividades de escultismo na cidade de Tui para nenos e adolescentes de entre 8 e 18 anos. Na actualidade, reúnense os sábados, de 11.30 a 13.30 horas, no seu local situado na rúa Bispo Salvado Nº 1, en Tui . As persoas interesadas en formar parte do grupo poden poñerse en contacto a través do correo electrónico: alhoia@scoutsgalicia.org.


